Monday 29 de April de 2024

Cabalgata 2024 en Miño


As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Miño este venres, 5 de xaneiro, para saudar a nenas e nenos e escoitar as súas peticións.

Comezarán pola mañá, ás 10:30 horas, a súa visita polas parroquias do municipio e ás 18:30 horas comezará a cabalgata no casco urbano, que terminará no pavillón municipal

Tras o percorrido matinal, ás 18:30 empezará a Cabalgata no casco urbano, con saída da rúa Barrosa, que terminará no pavillón municipal cunha gran festa infantil con inchables e obradoiros.